Castro, Rodolfo

Os sete irmáns chineses / Rodolfo Castro - 1ª ed. - Pontevedra : OQO , 2011 - [41] p. : il. cor ; 24 cm

Ao contrario do que puidese facer pensar o inicio do relato, esta historia da tradición oral chinesa reforza a mensaxe de que, afortunadamente, non hai dúas persoas iguais. Asemade, lémbranos que todos temos capacidades ou habilidades que nos confiren unha personalidade propia e intransferible.
Vivían preto do mar. Ninguén os podía distinguir, porque eran todos iguais. Para non confundirse, súa nai chamáballes Li a todos.
Co tempo, os irmáns Li foron capaces de facer cousas que permitían diferencialos. Li, o máis vello, era quen de tragar todo o mar. O segundo Li tiña un pescozo de ferro. O terceiro Li tiña pernas elásticas. Ao cuarto Li, o lume non o queimaba. O quinto Li podía aguantar a respiración durante moito tempo. Aínda que todas as persoas teñen capacidades, en diferente grao, estas non son, habitualmente, de carácter sobrenatural.

1º-2º Primaria

9788498712421


Autoestima
Familia
Empatía
Igualdade
Interculturalidade


China

82-N

Coa tecnoloxía Koha