Rapuncel / Iratxe López de Munáin, a partir do conto dos irmáns Grimm
por López Munáin, Iratxe [autor/a]
; López de Munáin, Iratxe [ilustrador/a]
.
Tipo: 

Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP A Sangriña Sala préstamo | 82-PL LOP rap | Dispoñible | Vermello - Primeiros lectores | PEC157000001317 |
|
Un home e unha muller vivían desconsolados porque non tiñan fillos. Por fin, unha primavera, a parella viu cumprido o seu desexo: Esperaban un bebé! Un día en que a muller se sentía moi débil, pediulle ao seu home que lle fose por uns rapuncios, o mellor remedio para as doenzas das preñadas, ao xardín veciño, onde vivía unha poderosa meiga, temida en todo o val. –Quen es ti para vir aquí a roubar? Isto vaiche custar caro! Teredes que entregarme o voso bebé en canto naza. E así sucedeu. Con enorme pena, os pais tiveron que entregar a meniña, á que chamaron Rapuncel. Cando cumpriu doce anos, a meiga pechouna nunha torre, por medo a que marchase do seu carón. E alí viviu, vendo pasar os días, ata que un príncipe se fixou nela cando lanzaba as súas longas trenzas pola ventá, e namorouse perdidamente... Desde a primeira publicación en Alemaña en 1812, dentro do volume Kinder- und Hausmärchen, o conto dos irmáns Grimm viu a luz en centos de idiomas e nas máis variadas edicións, desde a primeira versión ilustrada por Philip Grot, ata o recentemente galardoado coa medalla Caldecott Paul O. Zelinsky. Tamén serviu de inspiración a composicións musicais como Märchenbilder, de Schumann, ou a diversas adaptacións cinematográficas como o musical The Pebble and the Penguin de Don Bluth, Barbie Rapunzel de Owen Hurley ou a última produción de Disney, Enredados. Aínda que a versión que actualmente coñecemos provén de Alemaña, existe unha variante anterior recollida en Italia en 1634 por Gianbattista Basile, de título Petrosinela. Jacob e Wilhelm Grimm idearon o nome de Rapunzel para a protagonista a partir da denominación xermana da planta que desata o conflito na obra. En galego, esta hortaliza de follas azuis recibe o nome de raponcio ou rapuncio. Na maior parte das versións que coñecemos actualmente, a muller embarazada aparece como un ser caprichoso e egoísta ao que se lle antollan froitas como pexegos, mazás, cirolas segundo as distintas adaptacións.
1º-2º Primaria
4º-5º-6º Educación Infantil