"Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero que non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida. E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño."
3º-4º ESO